A nosa historia
A pastelaría máis antiga da vila
En 1984 naceu froito dunha longa tradición familiar que continúa a día de hoxe, ao poñerse de maneira independente os pais do actual pasteleiro.
Durante todo este tempo, adozamos a casa de moitos estradenses e, na actualidade, temos a sorte de adozar a casa de moitos estradenses, moitos galegos… e moitos asturianos que nos visitan para mercar os nosos turróns.
Esta tenda online é a nosa resposta á tan repetida pregunta, escoitada sobre todo por teléfono: e non vendedes online? Así que nos animamos a crear esta páxina web para poder chegar a máis puntos da nosa xeografía.
A actual xestión comeza en 2007 e, dende ese momento, hai un cambio radical na pastelaría: reducindo moitísimo os azucres en todos os produtos (moitas tortas non teñen azucres engadidos), reducindo as graxas e camiñando cara unha pastelaría máis saudable.
Os nosos ingredientes
En Mimela andamos sempre na procura dos ingredientes máis nobles e de vanguarda, tentando levar unha pastelaría moderna e saudable ao noso público.
Traballamos co que, para nós, é o mellor chocolate: Valrhona; un chocolate feito con cacao trazable dende a orixe, sostible e cunha calidade inigualable.
A nosa manteiga procede dunha das mellores empresa lácteas: Elle&Vire. Co seu 84% de materia graxa, proporciona aos nosos croisants ese sabor intenso a lácteo e a súa pureza, que os fan inconfundibles.
Utilizamos vainilla, canela pura e pulpas de froita 100% trazable dende o produtor; evitando calquera tipo de aroma artificial.
O noso produto estrela son, sen dúbida, as nosas pastas. A Pasta Camiño conta co recoñecemento a Mellor Pasta de Té 2022 no concurso celebrado en Asturias.
Bombóns de formas e cores diferentes, xeados artesáns de todos os sabores que poidas imaxinar… todos os nosos produtos son elaborados ao 100% dende cero no noso obrador.
Our Team
I am text block. Click edit button to change this text. Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut elit tellus, luctus nec ullamcorper mattis, pulvinar dapibus leo, when an unknown printer took a galley.
Queres facer o teu encargo para recoller en tenda?
En Patelería Mimela creamos, por ancarga, todo o que precises. Chámanos
Queres facer o teu encargo para recoller en tenda?
En Patelería Mimela creamos, por ancarga, todo o que precises. Chámanos



